A Lei de Propiedade Horizontal establece a obriga, sen que sexa preciso acordo da Xunta de Propietarios, de realizar obras de accesibilidade nunha Comunidade de propietarios se no edificio viven, traballan ou prestan servizos persoas con discapacidade ou maiores de 70 anos.
Esta obriga, sen embargo, ten limitacións no que respecta ao prezo da obra, pois o importe, descontadas as axudas o subvencións obtidas, non pode superar o de unha anualidade de gastos correntes da comunidade. É dicir, os veciños non terían a obriga de pagar unha cantidade superior a 12 mensualidades das cotas ordinarias da comunidade. Aínda así, se o veciño ou veciños que solicitan as obras asumen a diferencia, as obras seguirían sendo obrigatorias.
Para solicitar as obras deberá dirixir un escrito á Comunidade onde se exprese a necesidade de facer as obras, que deberá ir acompañado dos documentos que acrediten a idade ou a discapacidade así como o proxecto técnico das obras a realizar. É conveniente poñerse en contacto cun profesional en materia de accesibilidade co obxectivo de realizar a obra segundo a lexislación.
En todo caso, se non fora posible ir por esta vía, recorde que para aprobar en Xunta unha obra de accesibilidade será preciso o voto a favor da maioría dos propietarios que, pola súa vez, representen a maioría das cotas de participación. Neste caso non existe límite económico.
Pódese ampliar a información:
Artigo 10 e Artigo 17 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
Artigo 4 da Lei 15/1995, do 30 de maio, sobre límites do dominio sobre inmobles para eliminar barreiras arquitectónicas ás persoas con discapacidade.