Vou comezar un curso de formación ocupacional AFD derivado pola oficina de emprego, a que axudas de formación podo ter dereito?

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica, periodicamente, unha convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego, onde se recollen os requisitos que se deben cumprir para ter dereito a algunhas das axudas establecidas. 

As axudas van depender, en xeral, dos ingresos económicos da unidade familiar e outros factores sociais da persoa solicitante.