O proxecto ACT-INCLUSIVE ten como obxectivo sensibilizar para a educación inclusiva e empoderar ao alumnado con discapacidade no proceso. A educación inclusiva é un dereito humano, segundo os artigos 4 e 24 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e os piares 1 e 17 do Pilar europeo dos dereitos sociais. Con todo, a implantación de sistemas educativos totalmente inclusivos aínda non é unha realidade en toda Europa.
Aínda que as escolas europeas acollen cada vez máis a alumnado diverso, en moitos casos non están preparadas para atender todas as necesidades de apoio do alumnado.
![]() |
![]() |
Obxectivos principais
Destinatarios
Principais actividades
Elaboración de “Follas de País” sobre o grao de inclusión en escolas ordinarias en distintos países.
Recollida de boas prácticas en educación non formal que promoven a inclusión nas escolas.
Desenvolvemento de materiais de apoio: un manual de formación e sensibilización, un toolbox interactivo, comic book e audiolibro sobre comunicación inclusiva (en varias linguas).
Realización de obradoiros locais en escolas, incluíndo actividades creativas como concursos de arte, para implicar á comunidade educativa.
Os materiais eleborados podes descargalos en: ACT-INCLUSIVE: Actors of change towards inclusive education - EASPD
Datos do proxecto
Duración: 36 meses (decembro 2022 – novembro 2025).
Financiamento: Cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea.
Orzamento: 400.000 euros
Número do acordo de subvención: 101090038-ACT-INCLUSIVE - ERASMUS-EDU-2022-PCOOP-ENGO.