O proxecto ACT-INCLUSIVE chega á súa fin - Claves da Conferencia Final!

ACT-INCLUSIVE: Actores do Cambio Cara a Educación Inclusiva. [Acordo de Subvención N.º 101090038 — ACT INCLUSIVE — ERASMUS-EDU-2022-PCOOP-ENGO]

A conferencia final do proxecto, titulada "Educación inclusiva en acción: Leccións e ferramentas do proxecto ACT-INCLUSIVE", celebrouse con éxito o 12 de novembro de 2025, en Bruxelas e en liña.

En total, 93 persoas participaron no evento, 37 de forma presencial e 56 en liña. Foi un grande pracer e unha honra contar coa presenza da responsable de proxectos da UE, quen puido ser testemuña do excelente traballo realizado durante todos estes anos.

As inspiradoras mesas redondas e presentacións das entidades socias, profesorado e estudantado de todos os países asociados deron esperanza de que as escolas continuarán as súas acciones para preservar e promover a inclusión. Por último, unha exposición das obras de arte creativas do alumnado sobre o que significa a inclusión para elas/es engadiu un toque fermoso e significativo ao evento.

Conclusións clave

A inclusión é unha mentalidade, non só un concepto.

As voces do alumnado poden impulsar un cambio significativo.

Somos máis fortes cando estamos xuntas/os.

Última reunión das/os socias/os

Despois da conferencia, as/os socias/os celebraron a súa última reunión presencial, onde reflexionaron sobre os debates da conferencia e compartiron plans sobre como continuarán promovendo os materiais creados e expandindo as súas actividades máis aló da duración do proxecto. Ademais, as/os socias/os discutiron os puntos de acción finais para unha conclusión do proxecto fluída e exitosa.

Direccións futuras

O proxecto ACT-INCLUSIVE conclúe a finais de novembro. O consorcio comprométese a garantir un legado duradeiro a través destas accións clave futuras:

Sustentabilidade dos recursos: Todos os resultados do proxecto (especialmente o Manual de Formación e Sensibilización, a Toolbox e o Cómic-book) continuarán sendo públicos e de libre acceso nas páxinas web das entidades socias e en espazos públicos (como escolas e bibliotecas públicas, onde proceda), asegurando a continuidade do seu uso por parte das escolas e ONGs tempo despois da finalización do proxecto.

Compromiso continuo coas escolas: As/os socias/os continuarán traballando con escolas que, en moitos casos, solicitaron proactivamente seminarios, obradoiros e sesións de sensibilización baseados no contido do proxecto. Os recursos do proxecto integraranse en seminarios escolares, actividades na aula e formacións durante 2025-2026 e con posterioridade.

Continuidade do traballo colaborativo: A rede de aprendizaxe mutua establecida entre os seis países socios e as partes interesadas asociadas manterase, creando unha comunidade de práctica permanente para provedores de servizos e profesionais da educación dedicadas/os a promover a educación inclusiva en Europa.

Logros do proxecto

O obxectivo fundamental de ACT-INCLUSIVE foi facer a transición da educación inclusiva dun ideal político a unha realidade práctica.

Ao longo da vida do proxecto, o impacto principal inclúe:

Empoderamento estudantil: Mediante a creación de recursos prácticos e accesibles como o Cómic-book e o Audiolibro, e a participación do alumnado en concursos de arte e mesas redondas, o proxecto proporcionou ferramentas para que o estudantado con e sen discapacidade se converta en "Actor del Cambio" nas súas propias contornas de aprendizaxe.

Base de coñecemento: O proxecto mapeou con éxito o estado da inclusión a través das Follas de País sobre inclusión, proporcionando datos nacionais cruciais e unha Colección de boas prácticas para estimular a innovación entre as partes interesadas na educación.

Acerca de ACT-INCLUSIVE

ACT-INCLUSIVE dedícase a impulsar o cambio cara a educación inclusiva aproveitando estratexias de educación non formal. Traballamos en estreita colaboración con escolas, familias e comunidades para garantir que cada estudante, independentemente das súas capacidades, reciba o apoio e os recursos que necesita para prosperar.

Información de contacto

Para máis información, por favor, visite a nosa páxina web: https://easpd.eu/project-detail/act-INCLUSIVE-raising-awareness-on-INCLUSIVE-education-and-empowering-students-with-disabilities/