Dende o ano 2011 COGAMI proporciona un servizo de fisioterapia completo e especializado adaptado ás necesidades da persoa. É un centro aberto a toda a poboación, tanto adulta como infantil, e a calquera tratamento propio dun servizo de atención fisioterapéutico, nacendo coa pretensión de especializarse e chegar a ser un referente en servizos dirixidos a persoas con discapacidade.
Actualmente, profesionais de fisioterapia e terapia ocupacional formados no ámbito neurolóxico, ofrecen servizos con finalidade preventiva, educativa e terapéutica, para o tratamento das enfermidades que cursan con discapacidades ou a recuperación da funcionalidade, tratando:
O obxectivo é adquirir, recuperar ou manter unha actividade funcional motora e de tratamento da dor, utlizando técnicas e métodos neurolóxicos como son Concepto Bobath, Terapia Vojta, Concepto INN, Método Perfetti e Concepto Halliwick.
OFRECEMOS OS SEGUINTES SERVIZOS DENDE A ETAPA INFANTIL E ADULTA:
Descarga o folleto aquí