O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral funciona como unha axencia de colocación para as persoas con discapacidade.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) nace en 1996 como unha aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Conta cun equipo formado por 40 orientadoras e orientadores laborais e axentes de emprego localizados nas sete cidades galegas, que se desprazan para atender as necesidades do rural.

O equipo de profesionais do SIL realiza entrevistas de orientación laboral, visita empresas para captar ofertas de emprego e sensibilizarsobre a discapacidade e tamén realiza accións grupais de busca de emprego e de motivación. En definitiva, o SIL proporciona os medios para que a persoa con discapacidade que busca emprego poida atopalo canto antes.

O SIL é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e está autorizado como Axencia de Colocación recoñecida co nº 1200000003.

Se tés unha empresa, podes ver aquí as MEDIDAS ALTERNATIVAS que hai para a contratación. Podes mirar neste SIMULADOR, como a igual CAPACIDADE podes obter menos custos laborais.

Para máis información, podes contactar a través do teléfono 981 574 698, enviar un correo a sil@cogami.gal ou seguirnos a través do Facebook.

Ofertas de Emprego