Unións Agrarias pon en marcha un curso sobre produción e transformación de leite ecolóxico en Galicia e Asturias. Este curso, no que colabora COGAMI e financian Fundación Biodiversidade e o Ministerio de Agricultura, contará cun total de 50 horas de duración, das que 40 serían teóricas impartidas nunha aula e 10 de visita a empresas gandeiras.
Para formar parte deste curso é imprescindible ter o certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para profesión habitual e estar inscrito como demandante de emprego no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI.
Haberá 20 prazas habilitadas para poder formarse. No caso de amosar interese por esta formación, contacta coa oficina que che queda máis preto a través do correo electrónico que podes ver aquí , poñendo os datos persoais, teléfono e lugar de procedencia para que dende esta área se poñan en contacto coa persoa interesada.
Podes ver aquí máis datos sobre o curso.