COGAMI inicia curso a través da Universidade Popular de Ourense que leva por título Ver e coñecer os sinais: prevención da violencia de xénero.
Impartirase nas instalacións de COGAMI na cidade de Ourense situadas no Centro Integral Aixiña (rúa Recaredo Paz nº1).
Inicia o 29 de marzo e ten unha duración de 30 horas que se van distribuír en 5 semanas de impartición repartidas en 2 sesións semanais en horario de 16 a 19 horas.
O curso está destinado a persoas maiores de 16 anos veciñas de Ourense e ten un custo de 33 euros.
Se tés interese en asistir a este curso, debes reservar praza neste enderezo www.educacionourense.com tendo de prazo límite para subscribirse o 31 de xaneiro.
Este curso está financiado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo.