Co programa de Lecer Náutico achegamos o deporte da vela ás persoas con discapacidade tras unha colaboración entre o Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre para a realización de escolas de vela dirixidas a persoas usuarias dos distintos centros xestionados por COGAMI e as súas entidades membro.
As actividades realizadas están englobadas no que se coñece como un programa de respiro, que contempla un curso de 20 horas de duración.
Cada ano, este programa conta con gran afluencia de participantes.