REQUISITOS
Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas con discapacidadade e/ou dependencia en institucións sociais ou Ciclo Formativo Sanitaria.
Imprescindible estar en posesión de certificado de discapacidade e/o incapacidade laboral
FUNCIÓNS
Asistir e acompañar ás persoas usuarias na realización das actividades básicas da vida diaria (ABVD) que non poidan levar a cabo por si mesmas (hixiene, alimentación, medicación, mobilización etc..), así como acompañalas nas saídas.
Colaborar co equipo interdisciplinar no desenvolvemento e dinamización das actividades terapéuticas e de lecer que se realicen coas persoas usuarias.
Atender as pautas de actuación do equipo interdisciplinar de acordo ao establecido nos plans de atención individualizada de cada persoa usuaria.
Motivar e brindar apoio emocional ás persoas usuarias no seu día a día.
Observar e rexistrar cambios na saúde ou comportamento das persoas usuarias.
Colaborar ou realizar outras funcións complementarias ás do seu posto de traballo encomendadas pola persoa responsable do seu centro/proxecto/servizo.
CONDICIÓNS
Contrato Temporal (duración 2 meses)
Xornada parcial 30 h/semana de luns a venres