Proceso de selección para o Proxecto Innovador de Promoción da Autonomía Persoal

Proceso de selección para o Proxecto Innovador de Promoción da Autonomía Persoal

REQUISITOS:

Persoas adultas con discapacidade física e/ou orgánica e/ou dependencia ata 60 anos que precisen de apoios para unha recuperación funcional e para a promoción da autonomía persoal, a xuízo do equipo de valoración.

Menores dende idade temperá ata a adolescencia con discapacidade física e/ou orgánica e/ou dependencia, que presenten dificultades na adquisición de destrezas motoras, da comunicación e das actividades básicas da vida diaria que repercutan na autonomía persoal, a xuízo do equipo de valoración.

MIRA AQUÍ TODOS OS REQUISITOS

SE CUMPRES COS REQUISITOS E QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO,  DESCARGA E CUBRE A FICHA:                      

DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-Fotocopia do DNI.

-Fotocopia do DNI de representante legal, se é o caso.

-Certificado de discapacidade (se o ten recoñecido ou xustificante de solicitalo).

-Resolución de recoñecemento de situación de dependencia (se a ten recoñecida ou xustificante de solicitala).

-Informes médicos, psicolóxicos e sociais actualizados.

ENVÍA A FICHA CUBERTA A ESTE MAIL

cegadi@cogami.gal

EQUIPO DE VALORACIÓN

Unha vez remitida a ficha cuberta, un equipo formado por profesionais especialistas en fisioterapoa, terapia ocupacional, traballo social, persoal investigador, con experiencia en accesibilidade e intermediación laboral será o encargado de avlariar as necesidades das solicitudes reibidas, para posteriormente deseñar un itinerario persoalizado dentro dun plan integral de actuación que comprenderá dende fisioterapia ata terapia ocupacional, logopedia, neuropsicoloxóa, psicomotricidade, estimulación sensorial, habiliades sociais, coñecemento dos recursos da contorna, formación, emprego e accesibilidade.