Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo

  • Dirección: Rúa da Luz nº 4
  • Código Postal: 27002
  • Localidade: Lugo
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: fed.cogamilugo@cogami.gal
  • Teléfono: 982253332
  • Teléfono móbil: NULL
  • Fax: 982280977

ORIXE:

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo "COGAMI LUGO", constitúese o 30 de novembro do ano 1996, vontade das cinco asociacións da provincia de Lugo que perseguen obxectivos comúns, e coa intención de unir sinerxias que repercutan nunha mellora resposta ás necesidades das persoas con discapacidade da provincia de Lugo.

MISIÓN:

Ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

As entidades integradas na asociación son:

  • Asociación AGORA.
  • Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense "A Mariña-Cogami".
  • Asociación Galega de Hemofilia "AGADHEMO" (Delegación de Lugo).
  • Asociación de mulleres con Discapacidade de Galicia "ACADAR".
  • Auxilia Monforte.
  • Alcer Lugo.

AMBITO DE ACTUACIÓN.

O ámbito de actuación de COGAMI LUGO é o de toda a provincia de Lugo, a través das zonas de influencia das asociacións que a compoñen.

Entre as nosas actividades, destacamos:

  • Información, orientación e asesoramento.
    • Trátase de achegar información especializada en tódolos aspectos relacionados coa discapacidade.
  • Campañas de sensibilización.
    • Lévanse a cabo distintas accións en materia de promoción e accesibilidade, así como asesoramentos relacionados coa mesma.
  • Promoción e dinamización asociativa.
    • Trátase de poñer en valor o asociacionismo como mecanismo de conquista das maiores cotas de benestar das persoas con discapacidade da provincia de Lugo, así como dar resposta na medida do posible ás súas necesidades.
      • Potenciación do asociacionismo.
      • Apoio e asesoramento ás entidades.
      • Xornadas informativas.
      • Participación en xornadas e foros.
      • Colaboración con outras entidades
  • Programas de voluntariado.
    • O voluntariado é un pilar básico para as entidades asociativas que traballamos con e para a discapacidade. En moitas ocasións as persoas acoden ós servizos e actividades que precisan dunha atención constante que grazas ó labor das persoas voluntarias lles permite acadar distintos obxectivos: favorecer ó aprendizaxe en distintas disciplinas, autonomía nas súas actividades, mellora na atención individualizada, mellora das habilidades, etc.
  • ....

Enderezo: Rúa da Luz nº 4


Código Postal: 27002

Localidade: Lugo

Provincia: Lugo

Correo electrónico: fed.cogamilugo@cogami.gal

Teléfono: 982253332

Páxina web: http://cogamilugo.org/

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!