Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense

  • Dirección: Rúa Recaredo Paz, nº 1 (CIS Aixiña)
  • Código Postal: 32005
  • Localidade: Ourense
  • Provincia: Ourense
  • Correo electrónico: discafis@cogami.gal
  • Teléfono: 988248769
  • Teléfono móbil: NULL
  • Fax: 988248769
  • Páxina Web: www.discafiscogami.org

ORIXE:

DISCAFIS-COGAMI (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense), é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 1989, e declarada de utilidade pública.

MISIÓN:

É misión da Federación promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de cara á súa plena integración a través de diferentes servizos sociosanitarios para facilitar a súa inclusión na sociedade.

DISCAFIS-COGAMI está composta polas seguintes entidades na provincia:

  • AIXIÑA (Asociación de discapacitados físicos, parálise cerebral e terceira idade dependente)
  • AGADHEMO (Asociación Galega de Hemofilia)
  • ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia)
  • ALCER OURENSE (Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense)
  • PUZZLE (Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral de Persoas con Discapacidade)
  • ACCU (Asociación de Enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense)
  • AGAL (Asociación Galega de Lupus de Ourense)
  • HEMOURENSE (Asociación Ourensana de Hemofilia)
  • AFFOU (Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense)
  • ASDIFICA (Asociación de Persoas con Discapacidade Física de O Carballiño e Comarca)
  • AODEM (Asociación Ourensá de Escleroses Múltiple ELA, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas)
  • ASEM OURENSE (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares)
  • ALGARIA (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de A Limia)
  • DISVALIA (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Valdeorras)

OBXECTIVOS:

O obxectivo xeral de DISCAFIS-COGAMI OURENSE é mellorar as condicións de vida con discapacidade a través de diferentes servizos.

Como obxectivos específicos:

  • Dar información e asesoramento especializado en materia de discapacidade, a persoas con discapacidade, entidades membro e sociedade.
  • Orientar na busca de recursos ou servizos que poidan mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.
  • Prestar apoio ás entidades membro para a busca e xestión de proxectos.
  • Ofrecer servizos sociosanitarios como logopedia e terapia ocupacional que manteñen a independencia o maior tempo posible.
  • Ofrecer un transporte adaptado que favoreza poder recibir terapias e servizos a persoas con discapacidade.
  • Ofrecer apoio ós coidadores con préstamos e axudas técnicas que favorezan o coidado das persoas no seu entorno.
  • Informar sobre accesibilidade e traballar pola eliminación de barreiras existentes.
  • Dinamizar a vida asociativa no rural, dando visibilidade á realidade do colectivo nestas zonas.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Provincia de Ourense

PERSOAS ASOCIADAS:

Forman parte da Federación 14 asociacións da provincia de Ourense

FORMAMOS PARTE DE:

Estamos integrados en entidades e organismos autonómicos e estatais como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI- e da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de España -COCEMFE-.

 

Entre as nosas actividades principais, podemos destacar as seguintes:

Programa de servizos Especializados: Prestamos os servizos de logopedia, educación social, traballo social e transporte adaptado.

Información e sensibilización: Por un lado dáse resposta ás dúbidas de persoas e familiares con discapacidade así como a sociedade. Por outro lado impártense diferentes charlas de sensibilización e prevención de lesións medulares.

Préstamo de axudas técnicas: Contamos con grúas eléctricas que se ceden a persoas con gran discapacidade, de forma temporal.  

Servizo de educación social: Co proxecto de Dinamización da vida asociativa no rural, trabállase cas asociacións do medio rural para traballar distintos aspectos como habilidades sociais, expresión corporal, dinamización teatral...

Eliminación de barreiras arquitectónicas: Información e derivación ó departamento de accesibilidade de Cogami no seu caso. Se denuncian as barreiras que se detectan ou nos fan chegar.

Voluntariado: As persoas voluntarias participan en programas como apoio a PCD, na realización de actividades, etc.

Xestión económica a entidades membro: Para aquelas entidades que non teñen persoal suficiente, dende a federación se leva unha contabilidade oficial.

Programa de lecer.

Enderezo: Recaredo Paz nº1 (CIS Aixiña)

CP: 32005

Localidade: Ourense

Provincia: Ourense

Teléfonos:  988248769

E-mail: discafis@cogami.gal

Web: http://www.discafiscogami.org/discafis/gl

Redes Sociais:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!