Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Dende 2018 a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da sinatura de diferentes convenios de colaboración, está a apoiar o desenvolvemento dun programa de actuacións en lingua galega que nos permite deseñar e realizar material divulgativo e de sensibilización no eido da discapacidade, dirixido ao ámbito educativo e á sociedade en xeral.

Como resultado desta colaboración deseñáronse materiais didácticos, xogos on-line, un capitulo audiovisual e unha guía sobre patios inclusivos para que o alumnado, ao mesmo tempo que aprende, poida divertirse.

Ademais foi posible elaborar e distribuír información sobre o valor social de COGAMI, e material para dar a coñecer a un maior público as actividades que dende a confederación realizamos.

Programa En-Red-Arte

Dende o ano 2017 participaron máis de 300 persoas do movemento asociativo de COGAMI no programa de obradoiros creativos En-Red-Arte.

Este programa consiste no desenvolvemento de obradoiros artísticos en disciplinas como fotografía, teatro, danza, artes plásticas ou música. Estes obradoiros realízanse no conxunto da xeografía galega, nas instalacións da propia Confederación ou a través das asociacións membro que a conforman.

As dúas primeiras edicións remataron cunha exposición de pinturas e esculturas na Cidade da Cutlura.

Na actualidade, durante o ano 2021-2022 estase a desenvolver a terceira edición.