A Misión de COGAMI é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
A Visión é a dun movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores e liderado na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.
En termos xerais, COGAMI adhírese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á carta de Dereitos Sociais da UE, ás normas unificadas de Igualdade e á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. COGAMI, adopta ademais estes valores:
Valores de gestión: Transparencia Mellora continua Innovación Calidade Profesionalidade Democracia interna Enfoque de xénero |
Valores da entidade: Defensa de dereitos das persoas con discapacidade Igualdade interseccional Solidariedade Participación Implicación Social Independencia
|