COGAMI ten unha cultura asociativa e empresarial que incorpora os máis altos estándares de cumprimento normativo e un relevante cadro de valores éticos, recollidos no seu Código Ético.
Por iso, contamos cun Programa de Cumprimento Normativo que abrangue toda a organización, vinculando aos grupos de interese, ao persoal, ao voluntariado, ás persoas usuarias e ás entidades clientas, provedoras e asociadas, en todas as nosas áreas de actividade.
Conscientes de que unha Canle de Denuncias é unha ferramenta fundamental para a efectividade do noso Programa de Cumprimento Normativo, pois permite detectar de forma temperá posibles irregularidades e adoptar medidas preventivas que impidan a súa comisión, pomos á súa disposición esta aplicación, CANAL RESPONSABLE, propiedade dun terceiro externo e independente, concibida como unha canle segura de presentación de denuncias.
Prema aquí para acceder ao CANAL RESPONSABLE.
Prema aquí para acceder ao CÓDIGO DE CONDUTA E BOAS PRÁCTICAS CORPORATIVAS.