Dentro do servizo de Promoción da Autonomía Persoal en COGAMI temos a xestión da Asistencia Persoal, unha prestación que se lle concede ás persoas en situación de dependencia.

COGAMI dende o ano 2007 xestiona o servizo de asistencia persoal, tendo por finalidade a promoción da autonomía das persoas con grande discapacidade. Este servizo permite que as persoas beneficiarias poidan acadar maior independencia e toma de decisións.

O servizo de asistencia persoal contribúe á contratación dun asistente persoal durante un número de horas, o que lle facilitará á persoa beneficiaria o poder acceder á educación, a un traballo, a tomar o control da súa vida, promovendo e potenciando a súa autonomía persoal.

COGAMI presta este  servizo establecendo as condicións a través dun contrato coa persoa usuaria, no que se especificará cales son as necesidades que ten e cal será o planning e as horas de atención, co fin de contratar ao asistente persoal que se seleccione.

Un profesional da asistencia persoal desenvolverá tarefas persoais (aseo, toma medicación, tomar notas, atender chamadas,...), do fogar (dende limpeza ata facer comida), acompañamento (acompañar á persoa con discapacidade na casa, traballo, rúa, nas viaxes,...), condución (para levar ou recoller á persoa), comunicación (interpretación da lingua de signos ou sistemas alternativos de comunicación).

Anualmente, COGAMI coordina unha media anual de máis de 90 asistentes persoais e máis de 50 persoas usuarias do servizo.

Para máis información, contactar a través do correo asistenciapersoal@asistenciapersoal.gal