COGAMI xestiona servizos municipais de atención temperá destinados a nenas e nenos de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. Para que poidan ter unha mellor calidade de vida, nais, pais, persoas coidadoras e profesionais traballan en conxunto no coidado, desenvolvemento e autonomía das crianzas.

As aprendizaxes deben centrarse nos intereses e actividades cotiás de cada menor e a súa familia.

As intervencións poden realizarse tanto no servizo de atención temperá, como nos lugares onde a crianza se relaciona: na casa, na escola, no parque...

 

“As rutinas diarias son oportunidades para facilitar
 o desenvolvemento de cada menor”

Que agardar da atención temperá

Realizaranse estes pasos:

  •     Acollida: para que as familias poidan expresar as expectativas e inquedanzas.
  •     Valoración de fortalezas e necesidades coa familia.
  •     Plan personalizado de intervención: realizarase conxuntamente coa familia tendo en conta as prioridades e expectativas.

Tras a valoración, acordaranse conxuntamente as sesións que precisa cada familia.

A evidencia científica indica que a verdadeira intervención ocorre entre sesión e sesión, onde a nena ou neno pode beneficiarse de máis tempo para practicar e aprender. Por este motivo traballarase conxuntamente.

A atención temperá non é posible sen a participación activa e o compromiso das familias durante o proceso.

Un servizo coordinado

Realizarase unha coordinación cos servizos de pediatría e cos colexios, servizos sociais e coa Unidade Hospitalaria de Atención Temperá.

 

Contacta co centro máis próximo:

Atención Temperá

Mancomunidade Baixo Miño

   

Edificio de Servizos Sociais, Barrio Rocha,  nº 8

36740 Tomiño. Pontevedra

 886 156 172

 atenciontempranamibm@cogami.gal

 

         

 

                     

Atención Temperá Concellos  Abegondo, Bergondo e Carral

   

Abegondo

Lugar San Marcos, 31

15318 Abegondo. A Coruña

603 487480

sat.abc@cogami.gal

 

Bergondo

Casa da Mocidade Jacinta Landa Vaz, s/n, Aldea San Isidro.

15165 Bergondo. A Coruña

603 487480

  sat.abc@cogami.gal

         

Carral

Rúa Castro, s/n, Baixo Biblioteca Infantil

15175 Carral. A Coruña

 603 487480

 sat.abc@cogami.gal

                     

Atención Temperá 

Concello de Sada

   

Rúa Lagoa, nº 44, Portal 5, baixo, dereita, 15160 Sada. A Coruña

 664 044 560

  sat.sada@cogami.gal

             
                     

Atención Temperá 

Concello de Mos

   

Estrada Porriño-Redondela nº 280. (antiga Ludoteca de Louredo)

667 539 415

 atenciontempera@concellomos.es

             
                     

Atención Temperá 

Concello de Ponteareas

   

rúa Escritor Domínguez Benavides, 1 (escola infantil municipal)

  673 794 748 

  atenciontempera@ponteareas.gal

             
                     

Atención Temperá 

Concello de Poio

   

Rúa Domingo Fontán, 4 (Casa Rosada)

 ‪626 245 224  

 sat.poio@cogami.gal

             
                     

Atención Temperá 

Concello de

Miño-Pontedeume-Vilarmaior

   

Centro Social de Leiro, 
Lugar de Leiro, 39 (antiga Rectoral). Miño

679 069 901 / 689 731 094 / 606 721 099

 sat.mpv@cogami.gal