O programa de formación de COGAMI está adaptado ás necesidades e capacidades das persoas con discapacidade, para que adquiran as competencias que as capaciten para o seu desenvolvemento persoal e social.

Tipoloxía de cursos:

• Cursos AFD

• Cursos convenio F.P./F.O. tanto presenciais como a distancia

• Convenios de colaboración con empresas de formación

• Concursos públicos dos seguintes organismos: Ministerio, ONCE, Deputación e Xunta

• Organización de cursos especializados

_________________________

Dende o ano 2016, desenvolvemos un proxecto formativo a través de COCEMFE que consiste en promocionar a educación inclusiva e de calidade para o alumnado con discapacidade.

Realizamos consultarías para mellorar as competencias de equipos profesionais do ensino, concienciamos e asesoramos á contorna familiar, melloramos a participación do alumnado nos centros educativos, sensibilizamos tanto á comunidade educativa como á sociedade e proporcionamos produtos de apoio e tecnolóxicos ao alumnado e familias.

Nestes enlaces podes ver algún dos materiais que utilizamos.

             

Este programa está financiado por el 0,7% de IRPF e o Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

Se queres informarte sobre cursos que inician, podes chamar ao teléfono 981 574 698 ou enviar un correo  electrónico formacion@cogami.gal