O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral funciona como unha axencia de colocación para as persoas con discapacidade.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) nace en 1996 como unha aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Conta cun equipo formado por 40 orientadoras e orientadores laborais e axentes de emprego localizados nas sete cidades galegas, que se desprazan para atender as necesidades do rural.

O equipo de profesionais do SIL realiza entrevistas de orientación laboral, visita empresas para captar ofertas de emprego e sensibilizarsobre a discapacidade e tamén realiza accións grupais de busca de emprego e de motivación. En definitiva, o SIL proporciona os medios para que a persoa con discapacidade que busca emprego poida atopalo canto antes.

O SIL é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e está autorizado como Axencia de Colocación recoñecida co nº 1200000003.

Se tés unha empresa  cun cadro de persoal formado por 50 ou máis persoas traballadoras, existe unha obriga legal pola cal as empresas teñen que cumprir a cota de reserva do 2% e a posibilidade de cumprimento alternativo a través das medidas alternativas. Consulta información aquí

Con carácter xeral existe a posibilidade de reducir custos laborais  por contratar persoas con discapacidade, entre as que destacan as bonificacións nas cotas á seguridade social, así como as subvencións de pago único convocadas anualmente por parte da Consellería de Emprego e Igualdade.

Para máis información, podes contactar a través do teléfono 981 574 698, enviar un correo a sil@cogami.gal ou seguirnos a través do Facebook.