Política de privacidade e protección de datos
Co obxectivo de seguir ofrecendo un servizo de calidade a todas as persoas físicas que forman parte dos grupos de interese de COGAMI, e sempre coa finalidade de dar cumprimento á misión, visión e valores da Organización, informamos que estamos a actualizar a nosa política de privacidade e protección de datos, coa finalidade de garantir os principios de licitude, lealdade, transparencia, finalidade, exactitude, integridade e confidencialidade, dende a responsabilidade proactiva da organización. Incorporamos os cambios producidos trala entrada en vigor do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo de protección de datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, adoptando as medidas necesarias para revisar, e de ser o caso, adecuar os nosos controis internos aos novos requisitos, sempre co fin de salvagardar os datos persoais e protexer a privacidade de todas as persoas físicas.
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS | |
Responsable de tratamento |
CONFEDERACIÓN GALEGA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE CIF: G32115941 Correo electrónico de contacto do Responsable:protecciondatos@cogami.gal Teléfono de contacto: 981574698 Enderezo postal de contacto: rúa Modesto Brocos, 7 – bloque 3 – baixos, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) |
DPD |
Nome do DPD: Softwariza3, S.L.U. N.I.F.: B-02.514.586 Correo electrónico de contacto DPD: dpd@softwariza3.es Teléfono de contacto: (965 68 14 18) Extensión 4 Enderezo postal de contacto: rúa Montero Ríos, 66-68, CP 27002, en Lugo |
Finalidades | Xestionar e ofrecer os distintos servizos e actuacións que COGAMI presta ás persoas físicas que integran o seus grupos de interese de acordo coa misión da organización de conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. |
Lexitimación |
- Execución de contrato e/ou relación xurídicas - Cumprimento de obrigas legais e regulamentarias - Interese lexítimo propio ou de terceiros. |
Persoas destinatarias |
Os datos que nos facilite, en función do grupo de interese ao cal pertenza poderán ser comunicados ás seguintes categorías de terceiros, cos que COGAMI mantén unha relación económica, financeira ou prestacional, ou de colaboración, e que permita cumprir a misión, visión e valores pola que se constitúe: Entidades de ámbito gubernamental con funcións normativas de intervención, regulación ou supervisión no sector. Principais entidades financeiras de COGAMI (Xunta de Galicia, Deputacións provinciais, Concellos , Obras Sociais, Fundacións, etc.) Principais entidades colaboradoras de COGAMI (CERMI Galicia, EAPN Galicia, COCEMFE, etc...) Os Encargados de Tratamento das que derivan relacións xurídicas vinculantes para COGAMI. As entidades sociais asociadas e/ou entidades e organizacións afíns para o cumprimento de colaboracións e alianzas. As persoas profesionais de COGAMI que deban tratar datos de carácter persoal. Empresas adheridas e que traballan cos servizos e programas de COGAMI. En todo caso, garántense os dereitos recoñecidos na lexislación vixente a fin de que a persoa interesada poida en todo momento manifestar a súa posición ao respecto contactando a tal efecto coa propia entidade. |
Dereitos | Acceder, rectificar, opoñerse e suprimir, limitar o tratamento dos datos, así como aportar os mesmos cando o tratamento se realice por medios automatizados, o dereito a non ser obxecto de decisión individualizadas automatizadas sen intervención humana, e o dereito de información, así como o dereito a presentar as reclamacións que estime oportunas. |
Información adicional |
Pode consultar a información adicional e con maior detalle sobre protección de datos e privacidade contactando con COGAMI/DPD. |
COGAMI, propietario do website cogami.gal, obtén a seguinte información a través da páxina web:
• A dirección IP asignada polo PSI á persoa usuaria e o nome de dominio do PSI.
• O día e a hora na que a persoa usuaria accedeu á páxina web.
• A dirección en Internet desde a que accedeu a cogami.gal (se se accedeu a través doutra URL)
• O total de visitantes que acceden á nosa páxina web.
• O nome do sistema operativo e o navegador utilizado para ver a páxina web.
• O país ao que pertence a persoa visitante (ou no seu caso o PSI).
Toda esta información recollida é totalmente anónima e o seu uso é sobre todo para labores de marketing e de estatísticas tecnolóxicas.
Tratamento dos datos de carácter persoal.
COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública con domicilio en Santiago de Compostela (A Coruña – España – Europa) en rúa Modesto Brocos, nº7, 3º bloque, baixo, e con CIF G-32115941, correo electrónico correo@cogami.gal e teléfono 981 574 698.
De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a persoa usuaria acepta que os datos persoais aportados a través do website cogami.gal, ou calquera outro, sexan incorporados a COGAMI os arquivos de titularidade da mesma empresa, coa finalidade dunha prestación de servizos axeitada cara ás nosas persoas usuarias, para fins internos de COGAMI e para manter informadas ás nosas persoas usuarias. En caso de comunicacións comerciais, a persoa usuaria presta o seu consentimento para o envío de información comercial a través de Internet.
No caso de eventos propios ou realizados en colaboración con outras entidades, cuxo fin da solicitude de datos sexa a inscrición para asistir a dito evento, os datos serán incorporados a un arquivo titularidade de COGAMI para fins relacionados co evento que se organiza na data que aparece no formulario. Nestes casos o arquivo será destruido trala finalización do evento referido.
COGAMI comprométese ao cumprimento da súa obriga de secreto dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais lexislación aplicable.
A persoa usuaria responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose COGAMI o dereito a excluír os servizos rexistrados a toda persoa usuaria que facilitara datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito.
Calquera persoa usuaria rexistrada pode en calquera momento retirar o consentimento facilitado a COGAMI tanto para o tratamento dos seus datos, como para a publicación de imaxes e/ou vídeos si foi o caso, mediante comunicación dirixida á dirección habilitada ao efecto: COGAMI - Rúa Modesto Brocos, nº7, 3º bloque, Baixo, A Coruña – Galicia - España, email: protecciondatos@cogami.gal, sen que elo anule a lexitimación dos tratamentos que se efectuaron dende que se outorgou o consentimento inicial ata que a persoa usuaria o retira.