En 2010, data que coincide coa conmemoración do XX Aniversario de COGAMI, iniciaron os Premios COGAMI, uns recoñecementos que intentan premiar o traballo desenvolvido pola sociedade civil e as diferentes institucións en beneficio da plena inclusión das persoas con discapacidade, sendo tres as categorías: Premio á iniciativa institucional, Premio ao labor empresarial e Premio “Domingos Dosil” á traxectoria persoal.

Estas foron as persoas que recolleron os premios ata o de agora.