Contamos cun modelo de xestión baseado no modelo EFQM, que supón ter unha xestión por procesos, unha planificación estratéxica e outra operativa, xestionar as alianzas, optimizar os recursos dispoñibles e contar cunha batería de indicadores que, fundamentalmente, nos dan información sobre os resultados conseguidos nos principais clientes da organización, sendo estes, persoas con discapacidade, familias e asociacións. Ademasi, os indicadores permítennos controlar se cumprimos ou non cos obxectivos estratéxicos e operativos.