![]() |
En COGAMI asumimos o compromiso coa sostibilidade ambiental como unha responsabilidade transversal, vinculada ao noso propósito de contribuír ao benestar das persoas e á súa inclusión plena. Recoñecemos que unha contorna saudable é unha condición esencial para garantir a xustiza social. Aspiramos a ser parte activa da resposta a un dos grandes desafíos globais do noso tempo —a crise climática e a degradación ambiental— actuando desde a nosa realidade e avaliando de maneira continua os nosos impactos.
|
Xerar valor e impacto social positivo é a nosa razón de ser. Para facelo posible, consideramos imprescindibles tanto a estabilidade financeira como unha xestión económica eficiente. Integrar a perspectiva ambiental na nosa cultura organizativa é o complemento necesario para cumprir co noso propósito social e avanzar cara a modelos máis sostibles, eficientes e responsables no uso dos recursos.
Por iso, apostamos decididamente por un triplo impacto positivo —social, económico e ambiental— sustentado nunha gobernanza ética e comprometida.
No Plan Estratéxico 2023–2026 establecemos a sostibilidade ambiental como un dos retos da Organización, integrándoa como eixo transversal. Froito deste compromiso, aprobamos unha Política de Sostibilidade Ambiental que define os ámbitos prioritarios para a acción e a mellora continua para todo COGAMI.