COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, somos unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por máis de 50 asociacións de persoas con discapacidade física e orgánica. Prestamos servizos a persoas con discapacidade e xestionamos directamente 10 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 1.000 persoas.

De todas as entidades que conforman COGAMI, 15 son membro directo, das que 4 son federacións provinciais, 1 son entidades autonómicas e 10 asociacións son comarcais. Á súa vez, as catro federacións están integradas por outras asociacións, ata chegar a formar un movemento asociativo integrado por 55 entidades.

A nivel autonómico, COGAMI é unha das fundadoras do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e tamén da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). A nivel estatal, forma parte de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Personas con Discapacidad Física y Orgánica de España).

Listado de seccións