Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

En COGAMI traballamos de forma continua para garantir un acceso universal á nosa web, co obxectivo de que todas as persoas, con independencia da súa idade, discapacidade ou calquera outras circunstancias persoais, poidan navegar polas páxinas do dominio http://www.cogami.gal sen atopar dificultades de acceso.

Os criterios adoptados para conseguir unha maior accesibilidade da web de COGAMI baséanse nas directrices WCAG/WAI fixadas polo World Wide Web Consortium (W3C), que é a organización de carácter supranacional que se encarga da supervisión das tecnoloxías e a adopción dos estándares de Internet. Neste sentido o desenvolvemento da web de COGAMI baseouse no cumprimento das Pautas de accesibilidade para o Contido na web da WCAG 2.1 do W3C-WAI no seu nivel de esixencia AA. Para levar a cabo dita tarefa colaboramos de forma constante con Everycode, S.L., que se encargou de realizar unha avaliación de accesibilidade na nosa web validando que se cumpre o nivel AA das WCAG 2.1.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.cogami.gal, excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.

 

Situación de cumprimento

Algunhas das funcionalidades implementadas no sitio web https://www.cogami.gal, para permitir unha maior accesibilidade aos seus contidos son:

  • As características visuais do portal (tipo de letra, cor de fonte e fondo, etc.) defínense mediante a folla de estilos para que a persoa usuaria poida axustar o texto ás súas preferencias.
  • Os tamaños das fontes definíronse con unidades relativas para que poida ampliar ou diminuír o tamaño da fonte dende as opcións do navegador.
  • Se a persoa usuaria accede á páxina cun navegador que non soporta folla de estilos, non suporá unha dificultade, xa que de igual maneira pódese acceder a todos os contidos coa CSS desactivada.
  • As páxinas teñen unha estrutura clara tanto para a persoa usuaria que pode ver todo o contido, como para a que le a información cun lector de pantalla, persoas usuarias que desactivan a folla de estilos, etc. Baixo este obxectivo, definíronse mediante o código HTML os encabezados de sección, as listas e todos os elementos que axudan á comprensión xeral do sitio web.
  • O código HTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais para garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 23 de marzo de 2021.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola empresa Everycode, S.L. o 22/03/2021.

Última revisión da declaración: 23 de marzo de 2021.

 

Mellora da accesibilidade na web de COGAMI

COGAMI incorporou ao seu sitio web a plataforma de accesibilidade web universal inSuit. Un servizo que mellora de forma automática a accesibilidade e a usabilidade da páxina web, facéndoa máis accesible e inclusiva a todas as persoas e permitindo ofrecer unha accesibilidade moi por encima dos requisitos mínimos legais centrándose en acódea usuaria.

Para activar a plataforma inSuit na web da COGAMI hai que activar a pestana de inSuit inserida no lado esquerdo “OPCIÓNS DE ACCESIBILIDADE”

 

As persoas cegas que navegan co seu lector de pantalla non terán que activar nada para beneficiarse das potentes melloras que incorpora inSuit na etiquetaxe semántico da web segundo os estándares internacionais de accesibilidade.

A pesoa usuaria recibirá dende a web as axudas técnicas que lle permitirán navegar de maneira adaptada ás súas necesidades e preferencias:

Navegación con inSuit Dirixida a:
Navegación con teclado Persoas cegas. Permite escoitar unha locución do contido da páxina e navegar co teclado utilizando balizas numéricas.
Navegación para visión reducida Persoas con visión reducida. Permite magnificar o contido das páxinas, axustar contrastes e facilitar a lectura a persoas con dislexia.
Comandos de voz Persoas con discapacidade motriz. Acceso a todo o contido da páxina a través de sinxelos comandos de voz.
Navegación con sons Persoas con discapacidade motriz que teñen afectada a fala. Permite a navegación emitindo calquera tipo de sons, mediante un varrido das opcións dispoñibles.
Navegación con pulsador Persoas con discapacidade motriz severa. Navegación utilizando calquera tecla do teclado como un único pulsador, mediante un varrido das opcións dispoñibles.
Navegación sinxela con botóns Persoas con discapacidade cognitiva e persoas maiores. Navegación sinxela mediante o rato con elementos visuais destacados e botóns virtuais.
Navegación sinxela con texto grande Persoas maiores ou con poucas competencias dixitais. Navegación utilizando o rato que permite aumentar o tamaño do punteiro, resaltar ligazóns, cambiar o contraste da cor, facer zoom sobre o contido e a estrutura, cambiar a unha tipografía máis lexible ou especial para dislexia, e botóns de conversión de texto a voz no contido textual.

 

Estas son algunhas das axudas que permiten a persoas con discapacidade acceder a toda a información publicada en calquera formato dentro da nosa web: PDFs, imaxes, vídeos, audios, táboas, etc., ademais de permitir encher formularios de forma accesible.