O obxectivo deste servizo é mellorar a atención ás persoas con discapacidade e familias, respostando ás súas necesidades de información.

Dispoñemos de diferentes puntos de atención nas oficinas de COGAMI, situadas nas sete cidades galegas, e nos centros e asociacións membro, artellándose o servizo mediante:

- Entrevistas presenciais.

- Información telefónica sobre calquera tema relacionado coa discapacidade.

- Información a través do correo electrónico que se respostará na maior brevidade posible.

Anualmente superamos a recepción de 2.000 consultas, todas estas con temáticas relacionadas con: asociacionismo, autoemprego, axuda domiciliaria, axudas económicas, axudas técnicas, asesoría xurídica, barreiras, centros especiais de emprego, centros residenciais, certificado de discapacidad, servizos de COGAMI, dependencia, educación, emprego, formación, lecer, vivenda, voluntariado e outros moitos temas que inquedan ás persoas con discapacidade.

Se queres máis datos, podes contactar no teléfono 981 574 698 ou a través do correo traballosocial@cogami.gal