É durante os anos 80 cando empeza a desvincularse da discapacidade o concepto de asistencia pasiva substituíndoo por outros como integración e  participación activa na vida económica e social.

Nesta época, en Galicia carecíase dunha coordinación no movemento asociativo, especialmente no eido da discapacidade. Esta necesidade orixina o nacemento de COGAMI en 1990, seguindo o modelo doutras organizacións nacionais para potenciar o movemento asociativo e para dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no ámbito rural.

Posteriormente, constitúense as federacións provinciais como integradoras das entidades de ámbito comarcal. Transfórmase o mapa asociativo, pasando dos tres socios fundadores ás máis de 50 entidades actuais.

Inicia aquí un movemento asociativo orientado cara ao recoñecemento e a promoción dos dereitos das persoas con discapacidade, impulsor do cambio social e interlocutor ante as Administracións Públicas, ademais de ser facilitador da formación e do acceso ao mercado laboral para o colectivo das persoas con discapacidade.

Aquí amosamos un resumo da nosa historia:

 

Máis de 30 anos amosando que