Realizamos campañas de sensibilización en colexios, concellos e empresas sobre a prevención de lesións medulares adquiridas e tamén realizamos charlas que ofrecen unha perspectiva da discapacidade dende a normalización e a integración.
Para estas campañas adoitamos contar con persoas voluntarias que contan a súa experiencia de vida en primeira persoa. Tamén iniciamos campañas baixo o lema "Ponte no meu lugar", no que sentamos en cadeira de rodas a distintos representantes sociais para que aprecien as dificultades que atopa unha persoa usuaria de cadeira cada vez que sae fóra da súa casa.
Se tés interese en que ofrezamos unha destas charlas, podes contactarnos en 981 574 698 ou no correo traballosocial@cogami.gal