R_ Administrativo/a para Santiago

REQUISITOS

Formación Profesional, Grao ou Licenciatura na rama de administración ou laboral. 

Experiencia previa en tarefas referentes a xestión de subvencións. 

Alto dominio de Excel como ferramenta de traballo.

Valórase estar en posesión do certificado de discapacidade. 

 

FUNCIÓNS

Preparación da documentación necesaria para a xestión de subvencións, xustificacións económicas, bonificacións de contratación dos 12 Centros de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial.

Subida e presentación técnica das xustificacións correspondentes nos prazos e forma establecidos a través da sede electrónica da Xunta.

Seguimento dos prazos de execución, incidencias e requirimentos.

Comunicación fluída coas diferentes áreas para a correcta xestión, mediante vía telefónica, telemática e/ou presencial.

Asesoramento, orientación e atención aos traballadores e aos distintos departamentos da empresa en materia de subvencións, xustificacións ou bonificacións de contratación.

 

CONDICIÓNS

Contrato temporal por cobertura de IT.

Xornada completa.

Horario de 8:30 a 15:00 horas e 2 tardes en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Incorporación inmediata.

Retribución segundo Convenio Colectivo.

Si Non