A área de Accesibilidade de COGAMI participa nunhas xornadas formativas sobre patrimonio e turismo inclusivo que desenvolve Turismo Inclusivo na Ribeira Sacra a través do programa O teu Xacobeo.
Esta formación, que se vai impartir no concello de Pantón durante dúas fins de semana que comprenderán o 23 e 24 de novembro e o 18 e 19 de xaneiro, ten como obxectivo principal ofrecer un achegamento ás distintas áreas implicadas no turismo inclusivo.
Durante a primeira fin de semana, profesionais de COGAMI e FADEMGA falarán sobre a discapacidade física e intelectual, onde describirán casos prácticos do día a día, para logo dar paso a comezar co estudio previo ao deseño dun percorrido que será outro dos obxectivos do curso.
Na segunda fin de semana, as charlas serán impartidas por profesionais implicados na posta en valor do patrimonio material e inmaterial dentro do Camiño de Inverno. Faranse visitas para analizar como debe ser o turismo que respecte o contexto social, natural e patrimonial.
Podes inscribirte a través deste enlace https://bit.ly/2p6t3IO