A XANELA organiza programa de respiro familiar

O Programa de Respiro Familiar está deseñado para intervir con persoas maiores con algún tipo de demencia e/ou deterioro cognitivo, pero autónomas (por exemplo, ir soas ao baño, comer soas...) e as súas familias, favorecendo así o apoio á conciliación.

Este servizo permite proporcionarlle ás familias tempo para o seu descanso, lecer, tempo libre e atención as súas necesidades que poidan xurdir inesperadamente.