Estrea da peza teatral VIDA CÓMICA

Persoas usuarias e profesionais do centro que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Lugo (rúa da Luz, 4 no polígono de Fingoi), e que integran a Compañía de Teatro IMPROvabilidades, presentarán o vindeiro martes, 25 de xuño, ás 12:00 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, a peza VIDA CÓMICA, coa colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Esta actividade xira arredor do teatro de improvisación, no que non existen libretos nin guións preestablecidos. A función, na que participan 15 persoas usuarias do centro, representa diferentes momentos da vida diaria en clave de humor, e na mesma tamén toman parte as persoas que participan no Obradoiro Artístico do centro mediante a elaboración da cartelaría e o vestiario.