Obra teatral interpretada por persoas usuarias del centro de recursos de Monteporreiro

O centro de recursos de Monte Porreiro organiza este xoves, 18 de xullo, no centro cultural de Monte Porreiro (rúa Alemaña, 50) a presentación do Programa I-Guais ás 11:30 e ás 12:15 a representación teatral da obra “Por fin sós”.

Tanto o Programa I-Guais como a obra teatral son froito do esforzo realizado durante estes meses do ano polas persoas usuarias do centro de día para persoas con discapacidade física que ven funcionando desde o ano 2011 en Monte Porreiro, en Pontevedra.

I-Guais é un programa de televisión deseñado, producido e editado polas propias persoas usuarias do centro que recolle un debate, entrevistas na rúa, unha sección musical e outra deportiva e que xiran en torno á igualdade entre homes e mulleres, ao tempo que tenta desmontar estereotipos e prexuízos acerca desta cuestión.

Ás 12:15 estrearase a obra “Por fin sós” e que promete risas e bo humor a todo o público asistente. Dende o centro de recursos, queren convidar á veciñanza de Pontevedra para que compartan esta xornada con eles, ao mesmo tempo que se busca sensibilizar sobre as capacidades diferentes que teñen todas as persoas promovendo unha imaxe normalizadora da discapacidade.