Adapta imparte curso de iniciación á marcha nórdica


A Asociación de Persoas con Discapacidade de O Condado e Paradanta (Adapta) realiza curso de iniciación á marcha nórdica que se vai desenvolver durante o xoves 19 de outubro e o venres 20 de outubro no centro Asprodico de Ponteareas.

Esta actividade suporá un custo de 10€ para as persoas asociadas e de 20€ para o resto.

Para máis información, contactar coa entidade nos teléfonos 986 916 012 – 662 947 289.