O 17 de outubro remata o prazo para apuntarse ao curso de Internet, o correo electrónico e o manexo do teléfono móbil que a asociación Adapta de O Condado e Paradanta iniciará en novembro no centro Asprodico.
Enmarcado no programa Depo en marcha 2017 que organiza a Deputación de Pontevedra, esta formación vaise desenvolver en Asprodico, a partir do 7 de novembro, durante os martes e xoves en horario de 16:30 a 18:30 horas.
O curso, que ten un custo de 6 euros, rematará o 26 de decembro, tendo preferencia para formar parte do mesmo as persoas maiores de 50 anos.
Para máis información contactar nos teléfonos: 986 916 012 – 662 947 289