Alcer Coruña organiza I Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal

Este sábado, 23 de outubro, Alcer Coruña celebrará as súas primeiras xornadas para persoas con Enfermidade Renal. O evento realizarase no Fórum Metropolitano ( C/ Río Monelos nº1, A Coruña) en horario de mañá e tarde. As persoas asistentes terán comida gratuíta e, ademais, quen se desprace desde as cidades de Ferrol e Santiago de Compostela contarán con autobús gratuíto. Imprescindible inscrición previa.