Durante a mañá do próximo domingo 27 de novembro celebraranse as V xornadas de persoas con enfermidade renal no Centro Cívico dos Mallos (A Coruña) nas cales se tratarán temas de interese sobre a enfermidade renal crónica.
Para acudir hai autobuses gratuítos desde Ferrol e Santiago de Compostela e é necesaria inscrición previa. Ademais, quen así o desexe pode inscribirse tamén na comida que ten un custo de 16€/persoa.
Mantente ó día das novidades de COGAMI de xeito cómodo e sinxelo
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.