ASOTRAME organiza unha xornada sobre Terapia CAR-T

A terapia con medicamentos con células Car-T supuxo unha revolución no tratamento dalguna das enfermidades oncohematolóxicas. É unha revolución terapéutica que require de procedementos complexos. Ao tratarse dunha terapia novidosa é fundamental explicar en que consiste. Dedicamos para iso, durante a semana das enfermidades oncohematolóxicas, esta sesión na que ademais contaremos con testemuños de pacientes e unha presentación do traballo de ASOTRAME con pacientes oncohematolóxicos e as súas familias.

PROGRAMA

17:00 Benvida

Cristina Piñeiro - Presidenta ASOTRAME

Mario Álvarez – Membro Xunta Directiva e Coordinador Santiago

17:15 ASOTRAME e a intervención con pacientes oncohematolóxicos e familias

Isabel García – Psicóloga ASOTRAME

David Vivar – Coordinador ASOTRAME

17:30 Novos tratamentos en hematoloxía: a terapia Car-T.

Dr. Vallejo - Xefe de hematoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

17:50 Testemuños en primeira persoa

Javier Granja – Paciente e Socio ASOTRAME

18:05 Proxección Vídeo

Testemuños de pacientes

18:15 Rolda de preguntas

18:30 Fin do evento.