Charla en A Xanela sobre características propias do envellecemento

Faladoiro inicial do Campus formativo dirixido a coidadores e familiares, enmarcado dentro do proxecto "As Pontes Contigo", tamén enmarcado dentro dun proxecto internacional chamado Cidades compasivas. A finalidade é fortalecer as capacidades da comunidade para a atención colectiva das persoas que requiren de coidados paliativos, persoas coidadoras e persoas que sofren soidade non desexada.