O vindeiro xoves 20 de abril de 4 a 8 da tarde no IES Canido, Alcer Coruña impartirá un taller de Nutrición dirixido a persoas con enfermidade renal crónica en tratamento de diálise. Os obxectivos principais deste taller son coñecer as bases de alimentación no nomeado tratamento renal substitutivo, centrándose a súa vez na cociña de aproveitamento como medida de aforro económico e contra o desperdicio alimentario. Este obradoiro terá un formato teórico- práctico e as prazas son limitadas.
COGAMI 2017 © Todos os dereitos reservados.