Estratexias para previr a dependencia nas actividades cotiás e mellorar o coidado a persoas dependentes


O vindeiro martes 16 de maio Alcer Coruña levará a cabo este taller en Santiago de Compostela; terá unha duración de 4 horas e nel as persoas participantes obterán información sobre como previr as situacións de dependencia no día a día, así como as diferentes utilidades dos produtos de apoio e a importancia da hixiene postural e ergonomía das persoas coidadoras.