GRUMICO organiza obradoiro de educación emocional

O día 17 de febreiro comeza en GRUMICO o primeiro Obradoiro de Educación Emocional, que se desenvolverá cunha frencuencia de un sábado ó mes en horario de 10:00 a 12:00h. 

As relacións sociais constitúen unha importante fonte de gratificación para o ser humano, pero tamén conleva conflictos que poden xerar estrés nas nosas vidas. A educación emocional é unha boa ferramenta para mellorar a nosa vida social.

Neste obradoiro aprenderemos a identificar as propias emocións e as dos demáis como primeiro paso para aprender estratexias que nos permitan xestionar a nosa comunicación emocional.

Para inscribirvos podedes ou ben enviar un correo a psicología@grumico.com indicando o voso interese en participar no taller e os vosos datos persoais nome, apelidos e número de teléfono de contacto ou ben chamar ao 9811.5151