O 28 e setembro inician os obradoiros que a Asociación Grupo Diversidade Ferrol e Comarcas ten organizados para este ano, e que se van impartir no local da entidade de 18 a 20 horas.
O primeiro obradoiro vai ser impartido o 28 de setembro e é sobre Hixiene Postural.
O 5 de outrubro é de Nutrición.
O 10 de outubro é sobre Reciclaxe Creativa.
O 19 de outubro tratarase a Autoestima e Solución de Problemas.
O 26 de outubro de Reflexoloxía Podal.
O 2 de novembro tratará sobre a Diversidade e a Asistencia Sexual.
0 9 de novembro falarán de Comunicación e Como Falar en Público.
A igualdade vaise tratar no obradoiro do 16 de novembro.
O 23 de novembro será sobre Mindfulness.
Todos estes obradoiros van dirixidos a persoas con discapacidade, polo que están deseñados para que as persoas usuarias potencien as súas capacidades individuais e acaden o maior grao de autonomía persoal e vida independente, que lles permita un óptimo desenvolvemento na sociedade en igualdade de oportunidades.
Esta campaña formativa conta coa colaboración do Concello de Ferrol e se enmarca dentro do convenio que esta administración ten asinado coa Asociación Grupo Dviersidade Funcional Ferrol e Comarcas para o “Proxecto de habilidades sociais e formación para a inserción laboral”.
A inscrición poderase formalizar na oficina da Asociación (rúa Colón - fronte a Casa do Patín), no barrio de Esteiro, ou no teléfono 981 930 544 en horario de 9 a 13 horas, ou ben vía mail en diversidadefuncionalferrol@hotmail.com.
Os programas de formación son gratuítos.