A Xanela, asociación de discapacitados activos de As Pontes, conta, desde o pasado 6 de xuño, cunha nova directiva, liderada por Carlos Castro, que dá relevo ao que fora presidente durante os últimos anos, Juan Guillermo García.
Esta nova dirección conta xa cunha axenda de traballo deseñada para continuar co labor realizado, ata a data, na defensa dos intereses das persoas con discapacidade e espera, co apoio de todos os socios poder completala para acadar a máxima atención social e lograr a súa integración na sociedade.
O novo presidente, Carlos Castro, remarca que “tanto a dirección como o equipo profesional da Xanela continuará traballando con ilusión, esforzo e dedicación para desenvolver novos servizos e actividades que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade que se achegan ata a asociación e a das súas familias. Mantémonos así firmes no compromiso, que asumimos fai máis de 18 anos, para acadar a súa plena inclusión social”.
Completan a nova directiva, María Fernández como vicepresidenta, Cecilia García como secretaria, Olalla Sueiro como Tesoureira e María Sol Jarel, Javier Lamas, Magdalena Rivera, Carmen Ramos e Carlos Baamonde no cargo de vocais.