A asociación AMICO celebrará unha reunión informativa aberta o luns 27 de abril de 2026, ás 12:30 horas, no Salón de Actos do CABES (Salgueiriños), cunha duración aproximada ata as 14:00 horas.
O encontro contará coa participación do Concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela e do seu equipo técnico, e ten como obxectivo ofrecer información, aclarar dúbidas e compartir explicacións sobre cuestións de especial interese para as persoas con discapacidade, as entidades sociais e a cidadanía en xeral.
Contidos do encontro
Durante a sesión abordaranse, entre outros, os seguintes temas:
A licitación pública e o funcionamento do servizo de transporte urbano en autobús, incluíndo as condicións de accesibilidade e as tarifas para persoas con discapacidade.
As obras de mellora e adecuación urbana en materia de accesibilidade, así como as incidencias detectadas na contorna urbana.
A situación actual do servizo de taxis adaptados e eurotaxis en Santiago, a partir das incidencias trasladadas polas persoas usuarias.
Entrada libre ata completar aforo.
Quedan convidadas as entidades que teñen sede en CABES, así como outras entidades sociais que teñan interese nas temáticas nas que AMICO está a interesarse.