O Concello de Ferrol, CB Irmandiños e Alcer Coruña organizan esta copa cunha importante motivación solidaria na que o Río Natura Monbus Obradoiro CAB e o Club Baloncesto Breogán converteranse nos protagonistas desta XXXV Copa Galicia Sénior Masculina que se celebrará o vindeiro 28 de agosto ás 20:00 Ferrol, no pavillón de A Malata.
Esta Copa Galicia "ACB" unirase simbolicamente á Asociación ALCER CORUÑA na súa loita contras as enfermidades de ril e no seu obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica e das súas familias.
Os beneficios da venda de entradas destinarase á entidade, reforzando así a labor de atención, asesoramento e intervención ás persoas con enfermidade renal crónica e axudando á sensibilización da cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.
Toda a información relativa ao aforo e venda de entradas coñecerase ao longo do mes.
Queremos agradecer a colaboración da Federación Galega de Baloncesto por contar con Alcer Coruña na celebración deste partido.