• Lecer
  • 03 de febrero de 2018

ASPANEMI celebra a festa do Entroido

O próximo 3 de febreiro levarase  a cabo o Obradoriro  mensual da Asociación ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar na aula 1-2 do Local Social de "La Solaina", en Narón, no horario de 17:00 ata 20:00.

Os nenos e as nenas que asistan poderán disfrutar co Obradoiro " O Superheroe/Superheroína que levo dentro", no que crearán os seus propios disfraces e antefaces de Superheroe ou Superheroína. Ademáis poderán disfrutar tamén dunha sesión de maquillaxe facial para quen prefira pintar a cara. Tamén teremos un pequeno photocall para inmortalizar ós Heroes e ás Heroínas con quen veña a recollelos. O final do mesmo as e os asistentes disfrutarán dunha estupenda merenda.

Lembrar que esta actividade está dentro do programa de "Respiro Familiar", é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais e nais, e tamén a familiares dos nenos e nenas mentres éstes pasan un bó rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo, posto que no só céntranse no colectivo no que se basea a nosa actividade.