• Lecer
  • 07 de abril de 2018

ASPANEMI organiza Re-Inventando o Refugallo

O vindeiro sábado día 7 de Abril levarase a cabo o Obradoiro Mensual da Asociación ASPANEMI. Terá lugar nas aulas 1 e 2 do Local Social de "La Solaina", en Narón, no horario de 17:00 a 20:00h.

As nenas e os nenos que asistan á actividade, disfrutarán có Obradoiro "Reduce, Reutiliza, Recicla, Recupera e Inventa...". Falaremos da importancia das 4R e posteriormente crearán, con material de refugallo e deixando voar  a súa imaxinación, un xogo de mesa (nesta ocasión un tres en raia), e tamén un pequeno marcapáxinas para conmemorar o día 23 de Abril, o Día do Libro. Ó final do mesmo os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda merenda saudable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do Programa de "Respiro Familiar"; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.