• Lecer
  • 03 de noviembre de 2018

ASPANEMI realiza un obradoiro espacial/frutal

O vindeiro sábado 3 de novembro levarase a cabo o Obradoiro Mensual de Pintura da Asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía). Terá lugar nos locais 1 e 2 do Local Social da Solaina, en Narón, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

As nenas e os nenos que asistan poderán desfrutar co “Obradoiro Espacial/Frutal” no que crearán, con produtos frescos e saudables, unha rica e innovadora nave espacial. Tamén farán e debuxarán en cartóns os diferentes planetas que compoñen o Sistema Solar, para terminar creando o NOSO PROPIO MUNDO. Ao final do mesmo os e as asistentes desfrutarán dunha estupenda merenda saudable.

Hai que lembrar que esta actividade está dentro do programa de “Respiro familiar”; é dicir, que serve para dar un tempo libre a pais, nais e familiares dos nenos e nenas mentres que estes pasan un bo rato de ocio programado nun espazo plenamente inclusivo; posto que non só se centran no colectivo no que se basea a actividade da Entidade.